jueves, 31 de diciembre de 2015

Obradoiro de Animais de Reciclaxe

 Tivemos unha visita de futuras mestras que viñeron traballar cos nenos de 4 anos para facer unhas manualidades con materiais de reciclaxe que lle pedían para unha asignatura da Universidade. Nós encantados aceptamos e gustounos a idea porque estaban relacionadas cos temas que tratamos.   


 Fixemos ovellas, un dos animais que forman parte do belén da nosa aula. E tamén elaboramos peixes que podemos atopar no mar ao navegar e ir en busca de tesouros de illa en illa.


 Os materiais empregados eran CD`s e refugallos de cartóns, goma eva, algodóns, etc... Coas explicacións que nos daban e as indicacións destas mestras pasamos unha tarde moi entretida e divertida.


 E a través das fotos podedes ver o ben que quedaron os nosos animais. 


GRACIAS a María, Alba e Maica!!! Agardamos que vos gustase esta experiencia que, nun futuro, desenvolveredes sen problema. 


Aquí vos esperamos para cando queirades volver a facer outra actividade.Un biquiño moi grande!! Parabéns!!!

2 comentarios:

  1. Moitisimas grazas por a vosa colaboración e por deixarnos vivir esta experiencia, neste colexio que e moi importante para min. Espero poder seguir realizando traballos coa vosa axuda. Un bico enorme para todos

    ResponderEliminar
  2. Moitisimas grazas por a vosa colaboración e por deixarnos vivir esta experiencia, neste colexio que e moi importante para min. Espero poder seguir realizando traballos coa vosa axuda. Un bico enorme para todos

    ResponderEliminar